Maios

Dúas cortas tomas dos dous maios que se presentaron este ano 2017:
o de Seixo e o se Loira


FOTOS
MAIO DE SEIXO 



MAIO DE LOIRA











AS COPLAS



Sábado, día 14 de abril ás 11,30 da mañán na casa da Cultura de Seixo, escomenzará un obradoiro de maios impartido polo G.C. RONSEL. O obxectivo é animar aos diversos colectivos ou grupos viciñais a participar cun maio o día 1º de maio na festa que se celebrará na alameda de Seixo. A asistencia é libre e gratuíta.

ESTAS SON AS IMAXES DO OBRADOIRO DO PASADO ANO  2011


As traballadoras escomenzaron poñendo os aros e as varas

Fenderon vimbias e deron trincas


Probaron os erguedoiros...
 

...foron poñendo canas 

E remataron o día de traballo co esquelete casi feito.
O próximo sábado haberá máis. 



E despois de varios sábados de traballo, asi quedou...


 ...con coroa e todo.


E asi o cantaron...


...con chuva e público.
E entra o segundo maio...


...cos dous cantadereiros.


 Rematou a festa deste ano 2011 cunha rosca para cada maio e para o público asistente.
Para o ano volveremos.




Pequena historia fotográfica dos maios en Seixo


Os maios é unha tradición que está esmorecendo. O costume de facelos estaba moi estendido; é a finais dos anos setenta primeiros dos oitenta cando en Seixo se escomenzou a facer un concurso no que había unha nutrida participación de maios de Seixo e de parroquias limítrofes, O Campo e Santomé fundamentalmente. Nos últimos anos a concurrencia de maios é escasa pero o G. C. Ronsel sigue mantendo o concurso ou festa dos maios tódolos primeiro de maio de cada ano.
Nesta páxina iremos poñendo fotografías deses concursos que nos vaian chegando; animamos aos visitantes deste blog a aportar fotos para dar a coñecer esta bonita tradición. As informacións que aportamos con cada foto ponden ter erros, estaremos encantandos de correxilos cando se nos fagan saber.

Maios de 1992

Maio do Campo

Maio do camiño de Aguete

Maio de .....?

Maio de ....?


Maio de....?

MAIOS 1993











Maios 1994















Ningún comentario:

Publicar un comentario