Tornos no muíño de Bertoliño ou Fonfría. Os dous da esquerda surten auga para a zona do Igrexario; o da dereita deita auga para Cabodevila?
Repartidor, aberto por arriba, no Xuncal. Esta auga é collida por debaixo do muíño da Espedrada, no río das Gorgadas, e no lugar onde estaban os pozos de mazar o liño.
Antiguamente en lugar destes tubos había uns tornos. Lugar da Grela a dosucentos ou trescentos metros do anterior do Xuncal que alimenta a este.
Tornos tamén na Grela a seguir do anterior.
A seguir dos tornos anteriores e cruzando a estrada que sube ó Igreaxario, atopamos este torno que reparte a auga ata enrriba da fonte de Loira o da esquerda, cruzando a estrada Seixo-Bueu polos canos de Moledo. O da dereita leva a auga ata Casás e o Santo.