domingo, 29 de novembro de 2015

 XI Semana do Mar

Día: 30 novembro a 6 decembro
Hora: 20h
Lugar: Casa da Cultura de Seixo
Organiza: Grupo Cultural  Ronsel e Asociación de Pescadores de Aguete "Chirleu"
A Asociación de Pescadores de Aguete "Chirleu" e o Grupo Cultural Ronsel organizan do 30 de novembro ao 6 de decembro a undécima edición da Semana do Mar.
Esta edición que, ao igual que as anteriores, se celebrará na casa da cultura abrirase coa inauguración da exposición "A flota de Marín por un mar limpo" o luns 30 a partir das 20h e continuará con conferencias, proxeccións e saídas.
Programa:
  • Luns, 30 de novembro, ás 20h: apertura da Semana coa exposición "A flota de Marín por un mar limpo".
  • Martes, 1 de decembro, ás 20h: conferencia de D. Manuel Domínguez Rei "A conservación do medio mariño".
  • Mércores, 2 de decembro, ás 20h: proxección documental "Océanos de plástico" de Sandrine Feydel para TV France.
  • Xoves, 3 de decembro, ás 20h: conferencia de D. Benito H. Calviño Campelo "Por un mar limpo. A experiencia do porto de Marín e a súa flota".
  • Venres, 4 de decembro, ás 20h: proxección documental "Peixe, non tan san?" de Nicolás Daniel e Louis Barbeyrac para RT Rusa.
  • Sábado, 5 de decembro, ás 10h: excursión ao Museo do Mar da Guarda con saída da Casa da Cultura de Seixo.
  • Domingo, 6 de decembro, ás 11h: saída do porto de Aguete en embarcación de vela tradicional.
  • Domingo, 6 de decembro, ás 18h: clausura da Semana coa proxección do documental "Planeta Océano" de Yann Arthus-Bertrand e Michael Pitiot.

mércores, 14 de outubro de 2015

Un par de imaxes da andaina dos Sete camiños o día do Pilar. 
Se queredes mirar máis fotos entrar no seguinte enlace: https://montepituco.wordpress.com/2015/10/13/ruta-por-sete-caminos-con-ronsel-e-acemas/

 PETROGLIFO DOS SETE CAMIÑOS

SOLPOR

martes, 6 de outubro de 2015

NOVA DATA DA ANDAINA ADIADA

domingo, 4 de outubro de 2015

A CAMIÑATA PREVISTA PARA HOXE NOS 7 CAMIÑOS QUEDA ADIADA DEBIDO Ó TEMPORAL. XA ANUNCIAREMOS PARA QUE DÍA SE PASA.
DESCULPEN AS MOLESTIAS.
G. C. RONSEL

luns, 28 de setembro de 2015

ANDAINAS OUTONO

domingo, 27 de setembro de 2015

Imaxes da xornada "limpeza simultánea dos ríos"
 A metade da equipa ó remate do traballo

Metacrilato en estado puro


 Botella atrapada pola raizame

Ó cabo dunha hora, as pezas metálicas desapareceron. 

mércores, 16 de setembro de 2015


Se queres participar na limpeza do río Loira ponte en contacto connosco en:
 blogronsel@gmail.com 

xoves, 18 de xuño de 2015

II ANDAINA POLO RÍO NEIBÓ-LOIRA

domingo, 14 de xuño de 2015

HOMENAXE A XAN


mércores, 22 de abril de 2015

Fotos da visita realizada ó castro da Subidá o pasado domingo, foron feitas por Paz do colectivo de defensa do monte Pituco.





sábado, 11 de abril de 2015

domingo, 15 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015
SEIXO
SAÍDA DE VASCALLEIROS O VENRES 13. BAR "A DO BRASIL"

venres, 6 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015
SEIXO